CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A Xunta comezará esta semana as obras de mellora na glorieta do ramal de Cangas, á saída da autovía do Morrazo

Estes traballos, cun investimento de case 50.000 euros, levaranse a cabo na rotonda situada no punto quilométrico 21+350 da estrada PO-551, en Cangas

Os traballos centraranse na optimización da iluminación nos pasos de peóns e na modificación dun carril de saída da rotonda, en sentido Cangas

Renovarase o pavimento da área da glorieta e mellorarase a sinalización horizontal

Tamén se instalarán captafaros de tipo led no perímetro do anel interior da glorieta

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2020.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, iniciará este semana as obras de mellora na glorieta do ramal de Cangas, á saída da autovía do Morrazo.

Estes traballos, adxudicados á empresa Prace por un investimento de case 50.000 euros, levaranse a cabo na rotonda situada no punto quilométrico 21+350 da estrada PO-551, en Cangas.

Trátase de mellorar o estado de conservación da glorieta e aumentar a seguridade viaria nesta área, especialmente no que se refire aos peóns.

Os traballos centraranse na optimización da iluminación nos pasos de peóns co fin de incrementar a perceptibilidade destes usuarios vulnerables.

No marco destas actuacións tamén se executará a modificación dun carril de saída da rotonda, en sentido Cangas, así como a renovación do pavimento dunha zona da propia glorieta e da sinalización horizontal.

Tamén se levarán a cabo accións de limpeza e acondicionado da parte central da glorieta e da súa contorna. Ademais instalaranse captafaros de tipo led no perímetro do anel interior da glorieta.

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: civ.prensa@xunta.es