CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Buxantes ao seu paso polo concello de Cee

A actuación de Augas de Galicia levase a cabo nun treito de preto de 1 quilómetro de lonxitude, e que coincide co percorrido deste río polos lugares dos Borreiros na parroquia de Brens, O Outeiro, Areas

As tarefas que se levan a cabo inclúen a retirada de árbores mortas e madeira caída sobre a canle
 

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2019.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, executa actuacións de limpeza e conservación no treitos interurbanos do río Buxantes, ao seu paso polo municipio de Cee.

Os traballos de Augas de Galicia coinciden cos tramos deste río no seu percorrido polo lugar dos Borreiros, na parroquia de Brens (Santa Baia). A intervención neste río lévase a cabo nun treito de preto de 1 quilómetro.

As tarefas que se realizan céntranse na retirada de árbores mortas e madeira caída sobre a canle, Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial Galicia-Centro e as súas zonas de acceso e protección.

Mediante este tipo de traballos, o organismo hidráulico da Xunta ten como obxectivo a mellora dos leitos fluviais e favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos.
 

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: civ.prensa@xunta.es