CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A Xunta licita as obras de mellora da eficiencia enerxética e rehabilitación da estación de autobuses de Noia, cun investimento de máis de 270.000 euros

As empresas interesadas en executar as obras teñen de prazo ata o vindeiro día 30 de decembro para presentar as súas ofertas

Os traballos centraranse no asentamento da soleira do edificio, na zona da cafetería e mellora das carpinterías e solados das instalacións, e das baixantes de pluviais

No contrato se inclúe a colocación dunha nova caldeira no edificio que suporá un importante aforro enerxético

Mediante estas obras se busca manter as instalacións en boas condicións para ofrecer aos usuarios uns servizos de calidade que fomenten o emprego do transporte público e respondan ás súas necesidades en materia de mobilidade

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2019.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, vén de licitar hoxe as obras de mellora da eficiencia enerxética e rehabilitación da estación de autobuses de Noia, por un importe superior aos 270.000 euros.
As empresas interesada en executar as obras teñen de prazo ata o vindeiro día 30 de decembro para presentar as súas ofertas, cuxas obras dispoñen dun prazo de execución de tres meses. Toda a información pode consultarse na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia.
Dende a construción da estación de autobuses no ano 1993 a Xunta vén realizando varias obras menores que excedían da conservación ordinaria e que garantían o funcionamento da estación a curto prazo. Entre elas fíxose un saneo do terreo no que está situado o edificio porque se detectou nunha inspección o asentamento da soleira e a aparición de gretas en tabiques e carpinterías, en concreto na zona da cafetería.
Nun estudo topográfico realizado recentemente se concluíu que a soleira da zona da cafetería volveu a asentarse, polo que as obras prevén executar as actuación necesarias para aumentar a resistencia do terreo.
O contrato licitado hoxe inclúe a mellora das carpinterías e solados, o reforzo das baixantes de pluviais do edificio da terminal de autobuses, así como a instalación dunha nova caldeira, o que suporá un aforro enerxético.
Mediante estas obras o departamento que dirixe Ethel Vázquez busca manter as instalacións en boas condicións para ofrecer aos usuarios uns servizos de calidade que fomenten o emprego do transporte público e respondan ás súas necesidades en materia de mobilidade.

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: civ.prensa@xunta.es