CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A Xunta e o Concello de Ponteareas avanzan na negociación do convenio para a reparación e cesión da estación de autobuses do municipio

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade cofinanciará as obras necesarias para a posta a punto da estación, de cuxa xestión pasará a encargarse a Administración local

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2019.- A Xunta e o Concello de Ponteareas avanzan na negociación do convenio de colaboración no que se sustentará a reparación da estación de autobuses da localidade, ademais da cesión da súa xestión.

Técnicos da Dirección xeral de Mobilidade mantiveron hoxe un encontro co alcalde, José Represas e outros membros da administración local, no que abordaron o borrador de convenio de colaboración sobre a estación de autobuses.

Ese convenio prevé que a Xunta de Galicia cofinancie as obras necesarias para a posta a punto da estación de autobuses, cuxo importe se estima en 240.000 euros. Ademais, o Concello de Ponteareas asumirá a xestión total da estación de autobuses, en cuxas instalacións xa se están a desenvolver na actualidade actividades sociais.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade agarda pechar definitivamente ao longo próximas semanas o acordo, concretamente no relativo ás porcentaxes de cofinanciación das obras e aos termos concretos da cesión da xestión.

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: civ.prensa@xunta.es