CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A Xunta instalará esta madrugada un cartel de sinalización do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña na Avenida da Pasaxe, para o que se realizará o corte de 2 carrís nesta vía cara á cidade

Trátase de colocar unha bandeirola que permita orientar aos vehículos que acceden ao CHUAC pola estrada estatal, reforzando a seguridade viaria e a mobilidade de pacientes e persoal sanitario que diariamente se achegan a estas instalacións

A Xunta solicitou ao delegado do Goberno o reforzo da sinalización deste hospital publico na vía de titularidade estatal e, ante o rexeitamento da proposta, o departamento de Infraestruturas acomete esta actuación

Compleméntanse así os traballos de mellora do firme de da sinalización do CHUAC executados a pasada primavera

Esta actuación se enmarca nas actuacións de mellora na accesibilidade no viario e nos aparcamentos dos principais centros hospitalarios públicos de Galicia, ás que a Xunta de Galicia destina un investimento superior a un millón de euros

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2019.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, instalará esta mesma madruga a sinalización do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña na Avenida da Pasaxe (AC-12)
Este traballo consiste na colocación dunha bandeirola que permita visibilizar e orientar aos vehículos que circula pola estrada de titularidade estatal cara ao CHUAC, e para o desenvolvemento do mesmo farase preciso o corte de dous carrís da AC-12 en sentido A Coruña, entre as 23 horas de hoxe e ata ás 6 da mañá deste mesmo venres.
A Xunta solicitou ao delegado do Goberno en Galicia que reforzase a sinalización deste hospital publico nesta vía de titularidade estatal e, ante o rexeitamento da proposta, o departamento de Infraestruturas da Xunta acomete esta actuación, que considera imprescindible.
Con esta intervención a Xunta segue a sumar esforzos para reforzar a seguridade viaria e facer máis accesible o contorno dos centros hospitalarios galegos, favorecendo a mobilidade, tanto de pacientes como de todo o persoal sanitario que se achega cada día a estas instalacións.
Cómpre lembrar que na pasada primavera se levaron a cabo no CHUAC traballos de mellora do firme nos viais da súa contorna, así como de mellora da sinalización de orientación, que agora se completan coa instalación do novo cartel.
Nesta liña, o departamento de Infraestruturas da Xunta enmarcan tamén os proxectos previstos para executar no 2020 de mellora na accesibilidade nas entradas dos principais centros hospitalarios públicos da comunidade. No caso da provincia proxéctanse actuacións nos hospitais Materno da Coruña, Naval de Ferrol, Conxo e Clínico en Santiago e do Barbanza e Cee, cun investimento previsto superior a un millón de euros.

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: civ.prensa@xunta.es