CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza no río Besada ao seu paso polo Concello de Sanxenxo

Augas de Galicia leva a cabo estes traballos nos treitos interurbanos deste río, no seu percorrido polo lugar de Nantes

As obras consisten na roza selectiva e na retirada de árbores e madeira morta caída sobre o canle do río, e enmárcanse nos tarefas de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade continúa traballando na mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social nas contornas dos ríos

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2019.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de limpeza e conservación no río Besada, no Concello de Sanxenxo.

Estes traballos de mantemento se están a levar a cabo no treito interurbano deste río ao seu paso polo lugar de Nantes, na parroquia do mesmo nome.

As obras céntranse no desbroce de maleza das marxes, na retirada das árbores e pólas caídas e da madeira morta existente. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia- Costa, no ámbito territorial da zona Galicia Sur e as súas zonas de acceso e protección.

O organismo hidráulico da Xunta, mediante este tipo de tarefas, continúa traballando na mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social nas contornas dos ríos.

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: civ.prensa@xunta.es