CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Ethel Vázquez trasládalle a Stop Accidentes o compromiso da Xunta de seguir traballando no impulso de itinerarios escolares seguros e inclusivos

A Xunta segue a traballar na protección de usuarios vulnerables das vías como os peóns e os ciclistas, que son obxecto da distribución de chalecos e cortaventos reflectores para aumentar a súa visibilidade cando transitan pola vía

A Consellería de Infraestruturas impartirá as vindeiras fins de semanas cursos de condución segura de motos, unha iniciativa que se desenvolve dende o 2017
 

A Coruña, 9 de setembro de 2019.- A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantivo hoxe unha reunión coa delegada de Stop Accidentes en Galicia, Jeanne Picard, á que lle trasladou o compromiso da Xunta de seguir traballando no impulso de itinerarios escolares seguros e inclusivos.

A Xunta xa puxo en marcha no ano 2017 un programa piloto no CPI José García de Mende, en Ourense, no que participaron 263 alumnos.

O proxecto, que partiu dunha iniciativa de Stop Accidentes, consistiu na diagnose do contorno escolar e do seu viario para definir os percorridos dos alumnos dende a súa casa ata a parada do autobús ou os traxectos realizados a pé, por exemplo. A partir deses datos, establecéronse as liñas para conseguir desprazamentos máis seguros.
Ademais os rapaces desta escola recibiron charlas e participaron en actividades para mellorar a súa formación no eido de seguridade viaria.

Tal como lle indicou a conselleira á delegada de Stop Accidentes, o Goberno galego daralle continuidade a este proxecto e levarao a outras escolas do ámbito rural co fin de seguir fomentando a seguridade viaria entre os rapaces.

Ethel Vázquez subliñou que a seguridade viaria é unha materia prioritaria para o Executivo autonómico, que continúa a desenvolver as medidas contempladas no Plan de seguridade viaria 2016- 2020.

No marco deste plan, ademais da citada iniciativa nas escolas do rural, a Xunta está a impulsar a campaña ‘O corazón está do teu lado’, que entre o pasado curso e o presente chegará a 40 colexios para sensibilizar aos rapaces a través de consellos e normas básicas de seguridade viaria.

O Goberno galego tamén segue a poñer o foco nos usuarios vulnerables das estradas, os peóns e os ciclistas, para o que continúa coa distribución de chalecos e cortaventos reflectores co fin de aumentar a visibilidade destes colectivos cando transitan pola vía.

A Consellería de Infraestruturas tamén impartirá as vindeiras fins de semanas cursos gratuítos de condución segura de motocicletas, unha iniciativa que se vén desenvolvendo dende o ano 2017.
 

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: civ.prensa@xunta.es