CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A Xunta acondiciona as marxes da estrada OU-402, na contorna das termas de Outariz, para facilitar o acceso dos peóns ás instalacións e incrementar a súa seguridade viaria

A Consellería de Infraestruturas está a acometer estas melloras para incrementar a seguridade das persoas que se achegan ás instalacións, xa que en ocasións camiñan pola calzada ou saltan a barreira

Os traballos consisten na adecuación da zona de aparcadoiro na marxe esquerda, coa súa zona de circulación de persoas por detrás, a modo senda

Na marxe dereita baixouse a barreira metálica en dous puntos e acometéronse baixadas tendidas cara a pasarela para facilitar o tránsito seguro dos peóns

O proxecto tamén contempla a mellora de sinalización horizontal, do balizamento e a reposición dalgunha defensa metálica
 

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2019.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a acondicionar as marxes da estrada OU-402 co fin de facilitar o acceso dos peóns ás termas de Outariz en condicións de maior seguridade.

Nesta estrada, no punto quilométrico 3+800 está a pasarela de Outariz para cruzar o río Miño e acceder ás termas. A Xunta está a acometer estas melloras neste punto para incrementar a seguridade viaria das persoas que se achegan a estas instalacións, xa que en ocasións camiñan pola calzada ou saltan a barreira metálica de protección.

A Axencia Galega de Infraestruturas comezou esta semana a adecuación da zona de aparcadoiro na marxe esquerda, coa súa zona de circulación de persoas por detrás, a modo senda, para evitar que camiñen pola calzada nunha lonxitude de 350 metros.

Na marxe dereita baixouse a barreira metálica en dous puntos e acometéronse baixadas tendidas cara a pasarela para facilitar o tránsito seguro e cómodo dos visitantes ás termas.

O proxecto tamén contempla a mellora de sinalización horizontal, balizamento e a reposición dalgunha defensa metálica.

A Xunta continua traballando na rede viaria autonómica para proporcionarlles aos cidadáns unhas estradas cómodas e seguras que redunden na mellora da súa calidade de vida.
 

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: civ.prensa@xunta.es