CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A execución da nova conexión do polígono de San Cibrao das Viñas coa A-52 fará necesario un corte de calzada en sentido Benavente

O corte, que se prolongará dende hoxe ata o vindeiro 22 de novembro, permitirá avanzar na construción dun paso inferior baixo a A-52

Para facilitar a circulación, establecerase un desvío de tráfico á calzada en dirección a Ourense, entre os puntos quilométricos 216+500 e 218+000, existindo dobre sentido

A infraestrutura, duns 4,5 km, transcorre polos municipios de Taboadela e San Cibrao das Viñas, e contará con dous carrís de circulación en todo o percorrido, ao que se suma un terceiro en case a metade da traza

Esta actuación, cun investimento de case 22 millóns de euros, avanza a bo ritmo, polo que estará á disposición de transportistas e veciños a mediados do 2020

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2019.- A execución das obras da nova conexión entre a A-52 e o polígono de San Cibrao das Viñas fará necesario un corte de calzada en sentido Benavente.

Este corte, que se prolongará dende hoxe ata o vindeiro 22 de novembro, permitirá avanzar na construción dun paso inferior baixo a A-52, que enlazará a autovía coa futura vía de conexión co parque empresarial.

Para facilitar a circulación durante este corte, establecerase un desvío de tráfico á calzada en dirección a Ourense, entre os puntos quilométricos 216+500 e 218+000, existindo dobre sentido na calzada en servizo.

Cómpre lembrar que se disporá a sinalización necesaria e se adoptarán todas as medidas precisas para garantir a seguridade dos condutores e minimizar as molestias.

Esta nova vía de conexión, duns 4,5 km, transcorre polos municipios de Taboadela e San Cibrao das Viñas, e contará con dous carrís de circulación en todo o percorrido, ao que se suma un terceiro en case a metade da traza.

A actuación, cun investimento autonómico de case 22 millóns de euros, avanza a bo ritmo, polo que se prevé que estea a disposición de transportistas e veciños a mediados do 2020, incrementando a competitividade desta área industrial da provincia de Ourense.

A estrada permitirá unha conexión directa e áxil do parque empresarial, reducindo en máis do 60% o percorrido actual coa A-52; ademais de supoñer reforzo da seguridade viaria e mellorar a conectividade con Celanova e Bande, favorecendo a mobilidade en toda a zona.

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: civ.prensa@xunta.es