CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A Xunta inviste preto de 1M€ no reforzo de firme da autovía Ferrol-Vilalba no treito dos concellos de Narón, San Sadurniño, As Somozas e As Pontes de García Rodríguez

O delegado da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou a zona de obras que melloran a seguridade e a calidade desta estrada autonómica

Narón (A Coruña), 13 de agosto de 2019.- O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou esta mañá a zona na que se están levando a cabo as obras de mellora de firme na autovía Ferrol-Villalba nas que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está investindo máis de 946.000 euros. Concretamente o representante do goberno autonómico achegouse ata o concello de Narón no que se está realizando o 70% do investimento, máis de 660.000 euros.

Ademais, o resto dos traballos de asfaltado se realizan nos treitos que pasan polos municipios de San Sadurniño, As Somozas e As Pontes de García Rodríguez.

A intervención, que xa está executada na súa maior parte, consiste na rehabilitación do firme nos treitos da calzada que presentan maior deterioro, mediante fresados localizados e a súa posterior reposición da capa de rodadura.

Ovidio Rodeiro destacou que “estas obras se inclúen dentro do Plan de Reforzo de Firmes, xunto coa conservación ordinaria poñen de manifesto a aposta que está a facer este Goberno pola calidade e seguridade viaria das estradas autonómicas da Comunidade”.

O delegado territorial recalcou que “a conservación das vías de titularidade autonómica e a mellora da seguridade viaria son dous eixes estratéxicos da política de estradas que está a desenvolver o Goberno galego, xa que iso significa falar da vida e da integridade das persoas e non hai nada que estea por enriba diso”.

Hai que recordar que Galicia conta cunha das redes viarias máis extensas de toda España e tamén soporta unhas condicións meteorolóxicas que obrigan a un especial coidado das estradas para garantir a seguridade dos usuarios que transitan por elas.

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: civ.prensa@xunta.es