CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Cores Tourís comproba o remate das obras de restauración da pasarela de Vilariño en Cambados

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou os case 42.000 euros destinados a mellora desta infraestruturas

Pontevedra, 30 de xullo de 2019.- O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, comprobou esta mañá o remate dos traballos de restauración e mellora da pasarela de Vilariño en Cambados.

Na visita, o delegado territorial estivo acompañado do xefe da Axencia de Infraestruturas de Pontevedra, Fausto Núñez, así como do portavoz do PP da localidade do Albariño, Luis Aragunde.

A pasarela foi restaurada e mellorada e nas últimas horas volveu a ser colocada na súa ubicación, na VG-4.2, no punto quilométrico 2+640, ao seu paso pola parroquia de Vilariño.

As obras tiveron un custe cercano aos 42.000 euros, e o seu obxectivo foi a mellora do estado de conservación desta pasarela deteriorada polo paso do tempo. Tras ser retirada, foi trasladada a un taller de reparación, onde se acometeron os traballos necesarios para devolvela ao seu estado orixinal, incluíndo a reposición dos perfís metálicos novos.

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: civ.prensa@xunta.es