CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A Xunta adxudica a redacción do proxecto para a ampliación do saneamento a distintos núcleos de poboación do concello de Padrón

Este contrato, adxudicado por un importe de máis de 15.000 euros, ten un prazo de execución de 6 meses

O obxectivo é analizar as alternativas e redactar o proxecto coas actuacións necesarias para conducir as augas residuais das parroquias de Herbón, Pazos, Aduana, Paraíso e Palomar cara a rede xeral municipal

Esta actuación enmarcase na cooperación da Consellería de Infraestruturas cos concellos galegos co obxectivo de que a cidadanía dispoña de servizos axeitados, especialmente á hora de garantir a calidade de vida dos que habitan o medio rural
 

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2019.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de adxudicar a redacción do proxecto para a ampliación do saneamento no Concello de Padrón, por un investimento de máis de 15.000 euros.


Esta intervención, adxudicada á empresa Serye Ingenieros, ten un prazo de execución de 6 meses.

Na actualizade o saneamento das vivendas das parroquias de Herbón, Pazos, Aduana, Paraíso e Palomar do municipio coruñés verten a fosas sépticas e pozos negros non existindo na actualidade rede de saneamento propiamente dita.

O continuo incremento da poboación e o desenvolvemento urbanístico da zona fan que sexa imprescindible a construción das infraestruturas necesarias para conducir as augas residuais destas parroquias cara á rede xeral de Padrón.

Os traballos contratados por Augas de Galicia consisten na redacción dun proxecto construtivo para a execución de redes de saneamento nas parroquias citadas que conecten co sistema xeral de saneamento do Concello de Padrón.

Para iso realizarase un traballo previo de análise da problemática e a revisión do dimensionamento e a capacidade da rede xeral, así como de comprobación da capacidade da EDAR actual. O obxectivo é analizar as alternativas e desenvolvemento a nivel construtivo da actuación que mellor se adapte ás necesidades.

Esta actuación enmarcase na cooperación da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade cos concellos para que a cidadanía dispoña de servizos axeitados, especialmente á hora de garantir a calidade de vida dos que habitan o medio rural.

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: civ.prensa@xunta.es