CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A Xunta remata as obras para a mellora de seguridade viaria na estrada PO-223 ao seu paso pola parroquia de Lérez, no concello de Pontevedra

A Consellería de Infraestruturas vén de investir máis de 48.000 euros na actuación dirixida a incrementar a seguridade dos peóns e a rehabilitar o firme da vía

Coa intervención vese reforzada a sinalización antes dos pasos de peóns, mediante a colocación de sinais verticais luminosas, e tamén increméntase a súa visibilidade

Esta estrada ve mellorada mellora a accesibilidade dos pasos de peóns, especialmente no que enlaza co centro de saúde, e dispón de dous pequenos tramos de senda para dar continuidade ao itinerario peonil na entorna

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade traballa na conservación da rede de estradas autonómicas para incrementar a seguridade viaria e a comodidade na circulación dos seus usuarios
 

Santiago de Compostela, 25 de xullo de 2019.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de rematar as obras de seguridade viaria na estrada de titularidade autonómica PO-223, ao seu paso pola parroquia de Lérez, no Concello de Pontevedra.

Esta actuación foi executada pola empresa Prace, Servizos e Obras S.A., destinando o departamento de Infraestruturas da Xunta máis de 48.000 euros a esta intervención na estrada PO-223, na travesía de Pontevedra e na travesía do Arco.

Con esta obra impulsada desde a Axencia Galega de Infraestruturas se cumpre o obxectivo de favorecer o incremento da seguridade dos peóns e rehabilitar o firme neste tramo da estrada da Xunta. As obras danse por concluídas esta semana, tras rematar as actuacións previstas no firme, e que non se podían executar en inverno, así como co seu pintado.

Os traballos realizados permitiron reforzar a sinalización e o balizamento nos pasos de peóns, mediante a colocación de sinais verticais luminosas e a través do estreitamento dos carrís antes dos mesmos. Ademais mellorouse a visibilidade nos pasos de peóns, ao impedirse na actualidade o aparcadoiro nos dez metros anteriores para garantir a súa visibilidade.

Tamén se mellorou a accesibilidade dos pasos de peóns, especialmente no que enlaza co centro de saúde, e construíronse dous pequenos tramos de senda para dar continuidade ao itinerario peonil no paso superior sobre a estrada nacional N-550, así como no cruzamento coa rúa que sube cara ao centro de saúde.

Con estas actuacións a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade segue a traballar na conservación e mellorar a rede de estradas de titularidade autonómicas, para incrementar a seguridade viaria e a comodidade na circulación dos seus usuarios.
 

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: civ.prensa@xunta.es