CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A Xunta adxudica a redacción do proxecto para a mellora das instalacións da presa de Eiras

Este contrato dispón dun investimento de máis de 6.000 euros e ten un prazo de execución de 2 meses

O contrato ten como obxecto optimizar o sistema de xestión do encoro que proporciona auga a Vigo e ao conxunto de concellos dependente do seu sistema de abastecemento

Entre as actuacións se inclúe a instalación dun sistema que permita regular e medir con maior precisión e fiabilidade o caudal ecolóxico que se restitúe ao río para verificar o cumprimento do establecido no Plan Hidrolóxico de Galicia- Costa

A Xunta continúa a asumir os traballos necesarios para garantir a seguridade e o correcto funcionamento do encoro á espera de que o Concello de Vigo se pronuncie sobre a proposta de convenio polo que asumiría a xestión de Eiras
 

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2019.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de adxudicar a redacción do proxecto para executar actuacións de mellora das instalacións da presa de Eiras, cun investimento de máis de 6.000 euros.

Esta intervención, adxudicada á empresa Eptisa Servicios de Ingeniería, S.L., ten un prazo de execución de 2 meses. E o contrato ten como obxecto optimizar o sistema de xestión do encoro que proporciona auga a Vigo e ao conxunto de concellos dependente do seu sistema de abastecemento.

Como resultado das visitas de inspección á presa de Eiras que se veñen realizando semestralmente desde Augas de Galicia, dentro do contrato de auscultación de vixilancia nesta presa, se determina a necesidade de realizar melloras no mantemento da infraestrutura.

Para a execucións destas actuacións, que exceden do mantemento ordinario, Augas de Galicia require a redacción dun proxecto construtivo que recolla a definición dos traballos necesarios para a súa execución.

Entre os traballos recollidos no contrato cabe destacar, a substitución as partes da instalación eléctrica que se atopen obsoleta e as actuacións necesarias para instalar un sistema que permita regular e medir con maior precisión e fiabilidade o caudal ecolóxico para verificar con garantías o cumprimento do establecido no Plan Hidrolóxico de Galicia- Costa.

Con esta actuación, a Xunta continúa a asumir os traballos necesarios para garantir a seguridade e o correcto funcionamento do encoro á espera de que o Concello de Vigo se pronuncie sobre a proposta de convenio polo que asumiría a xestión de Eiras.

 

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: civ.prensa@xunta.es