CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A Xunta inicia a instalación de iluminación na estrada autonómica PO-308, entre Soutullo e Major

Esta actuación prevé a instalación de farois e a conexión do alumeado no treito da estrada entre Soutullo e Portonovo, e dispón dun investimento superior aos 485.000 euros

A colocación de alumeado pola marxe esquerda da estrada, entre Major e Portonovo, iniciarase unha vez estean rematas as obras da senda que actualmente se está a executar

As luminarias son de tipo led regulables e permitirán reducir a intensidade de luz a partir da hora da noite que programe o concello

Ademais, colocaranse farois para a iluminación diferenciada nos pasos de peóns co fin de facilitar a súa visibilidade
 

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2019.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade comeza as obras de instalación de iluminación na estrada PO-308, entre Soutullo e Major, cun investimento superior aos 485.000 euros.

Esta actuación, que prevé a instalación de farois e a conexión do alumeado no treito da estrada entre, Soutullo e Portonovo, dispón dun investimento superior aos 485.000 euros.

Os traballos que inicia agora a empresa Arias Infraestruturas S.A, permiten a instalación de farois e a conexión do alumeado no treito da estrada PO-308, comprendido entre Soutullo e Major, no tramo da senda finalizada no pasado verán.

Tamén o contrato prevé a colocación completa de alumeado pola marxe esquerda da estrada no treito da PO-308 entre Portonovo e Major, que se executará de xeito coordinado co construción da senda peonil e ciclista cuxas obras están en execución.

As luminarias son de tipo led regulables e permitirán reducir a intensidade de luz a partir da hora da noite que programe o concello. Ademais, colocaranse farois para a iluminación diferenciada nos pasos de peóns co fin de facilitar a súa visibilidade.

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: civ.prensa@xunta.es