CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A Xunta adxudica a redacción do proxecto para a mellora do saneamento no núcleo urbano de Urdilde, no Concello de Rois

Este contrato, adxudicado por un importe de preto de 14.000 euros, ten un prazo de execución de 6 meses

O obxectivo é analizar as alternativas e redactar o proxecto coas actuacións necesarias para executar unha estación depuradora nunha zona máis próxima, dada a distancia existente entre a EDAR actual e o punto de vertedura

Esta actuación enmarcase na cooperación da Consellería de Infraestruturas cos concellos galegos co obxectivo de que a cidadanía dispoña de servizos axeitados, especialmente á hora de garantir a calidade de vida dos que habitan o medio rural
 

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2019.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de adxudicar a redacción do proxecto para a mellora do saneamento no núcleo urbano de Urdilde, no Concello de Rois, por un investimento de preto de 14.000 euros.

Esta intervención, adxudicada á empresa Consultora de Ingeniería Medio Ambiente y Arquitectura, S.L, ten un prazo de execución de 6 meses.

O obxectivo deste contrato é analizar as alternativas e redactar o proxecto construtivo das actuacións para a mellora da depuración de augas residuais neste centro de poboación.

En concreto realizarase o estudo de alternativas e de valoración da execución dunha estación depuradora nunha zona máis próxima, dada a distancia existente entre a EDAR actual e o punto de vertedura.
No mesmo contrato se prevé a redacción do proxecto que incluirá a definición, a nivel construtivo, da alternativa viable técnica e administrativamente para a súa execucións.

Esta actuación enmarcase na cooperación da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade cos concellos para que a cidadanía dispoña de servizos axeitados, especialmente á hora de garantir a calidade de vida dos que habitan o medio rural.
 

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: civ.prensa@xunta.es