CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza no río Oitavén, nos concellos de Fornelos de Montes e Ponte Caldelas

Estes traballos de mantemento lévanse a cabo no treito interurbano deste río ao seu paso polas parroquias de Calvos e Barbudo

Os traballos consisten na retirada de árbores e pólas caídas sobre a canle e as marxes, así como a madeira morta existente
 

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2019.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, executa actuacións de limpeza e conservación no río Oitavén, ao seu paso polos Concellos de Fornelos de Montes e Ponte Caldelas.

Estes traballos de mantemento lévanse a cabo no treito interurbano deste río, concretamente nas parroquias de Calvos e Barbudo.

As obras céntranse na retirada de árbores e pólas caídas sobre a canle e as marxes, así como a madeira morta existente. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia Sur e as súas zonas de acceso e protección.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, mediante este tipo de tarefas, continúa realizando traballos na mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna dos ríos.

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: civ.prensa@xunta.es