CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Ethel Vázquez avanza que a Xunta participará o vindeiro 18 de xuño en Bruxelas na primeira xuntanza de traballo coa Comisión Europea sobre o Corredor Atlántico de Mercadorias do noroeste

O Goberno galego defenderá a conexión da terminal de Bouzas ou a saída sur de Vigo como proxectos imprescindible para mellorar a competitividade do porto e as empresas

Destaca a mellora das perspectivas de contratación de obra pública da Xunta coa Lei de reforzo de actuacións prioritarias aprobada polo Parlamento a principios deste mes e que permitiu empezar xa a utilizar os 130 millóns de euros de superávit de 2018

Explica que esta capacidade de gasto permitirá entre outras actuacións, a mellora de centros educativos con obras de reforma en 22 colexios e institutos e a construción de novos centros de saúde e de escolas infantís

  • A conselleira de Infraestruturas mantivo hoxe en Vigo un almorzo de traballo coa Asociación de Construtores de Pontevedra
  • A conselleira de Infraestruturas mantivo hoxe en Vigo un almorzo de traballo coa Asociación de Construtores de Pontevedra

Vigo, 15 de maio de 2019.- A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, avanzou hoxe que a Xunta participará o vindeiro 18 de xuño en Bruxelas na primeira xuntanza de traballo coa Comisión Europea sobre o Corredor Atlántico de Mercadorías. E garantiu que nese encontro, o Goberno galego defenderá a conexión ferroviaria da terminal de Bouzas e a saída sur de Vigo como proxectos imprescindibles para mellorar a competitividade do Porto olívico e do sector empresarial.

Ethel Vázquez, xunto co director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, e o delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, mantivo esta mañá en Vigo un almorzo de traballo coa Asociación de Construtores de Pontevedra. Atendendo a unha solicitude deste colectivo, a conselleira informou das previsións de investimentos e licitación de obra pública, especialmente na provincia de Pontevedra.
Sinalou que a situación empezou a mellorar nos últimos anos, tal e como recollen os últimos análises do sector da construción en Galicia, que acreditan unha tendencia de incremento da licitación pública por parte da Administración autonómica.
Segundo os datos publicados, no 2018 a licitación por parte da Xunta incrementou nun 23,56% con respecto ao exercicio anterior, acadando a cifra de case 284 millóns de euros. É a previsión deste ano é aumentar o investimento en obra pública da Xunta nun 30%.

O certo, abundou, é que as perspectivas da Xunta melloran agora tamén coa Lei de Reforzo de Actuacións Prioritarias aprobada polo Parlamento de Galicia no Pleno celebrado a principios deste mes e que permite que Galicia estea xa a utilizar o superávit contable de 2018.

Trátase dun total de 130 millóns de euros de nova capacidade de gasto para reforzar actuacións prioritarias relativas á os distintos servizos públicos¸ entre as que se inclúen á mellora e construción de novos centros de saúde (40M€) e de escolas infantís (6,2 M€), e os 34 M€ que se investirán desde a SPI, a Sociedade Pública de Investimentos.
O Consello da Xunta do pasado 2 de maio, autorizaba un anticipo de tesourería de 26 M€ para axilizar a licitación de obras e poder gastar o diñeiro nos servizos públicos dos galegos. En referencia ao anticipo de 21,4 millóns de euros para a mellora de centros educativos, con obras de reforma en 22 colexios e institutos que se farán en verán, 1,3 M€ para reforzar o plan de fomento da educación dixital, e outros 3 M€ para actuacións de defensa do monte co obxecto de mellorar a operatividade contra os incendios forestais.

No almorzo cos integrantes da Asociación, a conselleira tamén deu conta das actuacións do departamento que dirixe en estradas, infraestruturas hidráulicas, centros de saúde ou as estacións intermodais, e abordou o detalle dos investimentos previstos en Galicia e nomeadamente na provincia de Pontevedra.

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: civ.prensa@xunta.es