CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Ethel Vázquez aborda co alcalde de Cerdedo-Cotobade os avances nas obras en marcha no municipio

A conselleira e o alcalde analizaron a posibilidade de atender as demandas dos veciños durante a execución das obras de saneamento que se están a desenvolver na parroquia de Tenorio

Vázquez Mourelle informou ao rexedor sobre a fase final dos traballos de acondicionamento da estrada PO-230 entre Serrapio e Vichocuntín

Tamén na reunión o rexedor municipal trasladoulle á conselleira a petición para estudar a execución dunha senda na zona das Lagoas
 

Cerdedo-Cotobade (Pontevedra), 23 de abril de 2019.- A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, abordaron hoxe os avances nas diferentes obras que a Xunta está a desenvolver neste municipio da provincia de Pontevedra.

 

A conselleira de Infraestruturas visitou hoxe este concello acompañada do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, en resposta a unha solicitude do alcalde, interesado en coñecer os progresos nestas Infraestruturas en execución, así como en expoñer cuestión concretas en relación con elas.

Así, na xuntanza, analizaron a posibilidade de atender as demandas dos veciños durante a execución das obras de saneamento que recentemente deron comezo na parroquia de Tenorio. A conselleira informou de que os traballos están a desenvolverse segundo o programado, tal e como tiveron ocasión de comprobar sobre o terreo.

Estas obras teñen por finalidade solucionar as deficiencias do sistema de saneamento na zona e inclúen a execución dunha rede de colectores para augas fecais e a instalación dunha estación depuradora de augas residuais en Tenorio, o que se completará con dous bombeos en Covas e Lérez.

Así mesmo, na xuntanza, a conselleira informou ao alcalde sobre a fase final dos traballos de mellora da seguridade viaria da estrada PO-230, que se están a desenvolver entre Serrapio e Vichocuntín. Con estas obras mellorarase a seguridade viaria e a comodidade na circulación dos usuarios desta vía, xa se estendeu a capa de rodadura polo tramo e falta a sinalización e os remates finais.

Tamén na reunión o rexedor municipal trasladoulle á conselleira a petición para estudar a execución dunha senda na zona das Lagoas.

No encontro abordaron ademais o proxecto de mellora da seguridade viaria nun novo treito da estrada PO-234, unha vez executado o que discorre polo municipio de Cerdedo-Cotobade, entre Aguasantas e Portasouto, vía autonómica na que Xunta ten avanzada a contratación das obras entre Ponte Caldelas e Laxoso. Indicou que os propietarios dos terreos para executar esta segunda fase de intervención na mellora da PO-234 estás convocados entre hoxe e ata o día 26 de este mes para o levantamento de actas previas á ocupación, paso previo de tramitación do expediente expropiatorio e o pago de depósitos previos para poder iniciar as obras.

 

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: civ.prensa@xunta.es