CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A Xunta inicia as obras de mellora de seguridade viaria na estrada PO-552, na contorna da Ponte da Ramallosa, no concello de Baiona

Os traballos foron adxudicados por un importe de 30.000 euros e dispoñen dun prazo de execución de 2 meses

A intervención busca favorecer a accesibilidade da beirarrúa da marxe esquerda desta estrada, na ponte sobre o río Miñor e no cruce coa avenida Iván Cela

Os traballos permitirán a ampliación da actual beirarrúa ata os case 2 metros e o repintado da calzada

Executarase tamén un novo paso de peóns para dar acceso ao paseo, despois do cruce coa avenida Iván Cela, que contará con sinalización de paso de peóns luminosa con pulsador de acendido

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2019.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de iniciar as obras de mellora de seguridade viaria na estrada PO-552, na contorna da Ponte da Ramallosa, no Concello de Baiona.

Os traballos foron adxudicados por un importe de 30.000 euros á empresa Narom, S.L, e dispoñen dun prazo de execución de 2 meses, desde o seu inicio.

A intervención ten como obxectivo mellorar a accesibilidade da beirarrúa existente na marxe esquerda da estrada PO-552, na ponte sobre o río Miñor e no cruce coa avenida Iván Cela, en A Ramallosa, nunha lonxitude aproximada de 110 metros.

Para iso, ampliarase a actual beirarrúa ata acadar un ancho de case 2 metros, e repintarase a calzada reducindo nos carrís desta vía o espazo necesario para a ampliación da beirarrúa.

Tamén executarase un novo paso de peóns para dar acceso ao paseo, despois do cruce coa avenida Iván Cela, que contará con sinalización de paso de peóns luminosa con pulsador de acendido.

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: civ.prensa@xunta.es