CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Ethel Vázquez salienta a unión do noroeste para que o Ministerio de Fomento elabore proxectos de calidade para acadar unha rede ferroviaria que aproveite o potencial industrial e loxístico

Vázquez Mourelle destaca que a alianza de representantes empresariais hoxe constituída virá a defender os intereses da sociedade, reforzando a competitividade territorial e a das empresas que a integran

Indica que o traballo de colaboración realizado está a dar os seus froitos e a semana pasada se coñeceu a decisión definitiva dos organismos europeos pola que o Corredor Atlántico de Mercadorías se estendía ao noroeste peninsular

Sinala que xa están identificadas prioridades como a necesidade dunha rede de puntos de adiantamento cun número que permita reducir ao mínimo os tempos de espera e cun tamaño que permita trens de 750 metros

Engade a mellora entre Astorga e Monforte, coa construción do bypass de Monforte que elimine a necesidade da inversión de marcha nesa cidade; ou a solución ao porto do Manzanal, eliminando as pendentes existentes de ata 23 milésimas

Pon como exemplo que a colaboración entre administracións está a ser fundamental na preparación para a chegada do AVE a Galicia ou no impulso das estacións intermodais nas cidades galegas

  • A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, xunto coa delegada territorial da Xunta en Ourense, participou na constitución da Alianza Empresarial do Noroeste

Ourense, 14 de marzo de 2019.- A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto coa delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, participou hoxe na constitución da Alianza Empresarial do Noroeste, onde salientou a unión para que o Ministerio de Fomento elabore proxectos de calidade para acadar unha rede ferroviaria que aproveite o potencial industrial e loxístico.

Vázquez Mourelle destacou que hoxe se dá o primeiro paso na unión de representantes empresariais para a defensa dos intereses da sociedade. Así, subliñou que esta nova alianza virá a reforzar a competitividade territorial e a das empresas que a integran.

Lembrou que hai un mes, representantes empresariais, institucionais e sociais de todo o noroeste peninsular se reuniron en Santiago cos presidentes de Galicia, Asturias e Castela e León para reivindicar a modernización da conexión ferroviaria.

Salientou que o traballo realizado está a dar os seus froitos e a semana pasada se coñeceu a decisión definitiva dos organismos europeos pola que o Corredor Europeo Atlántico de Mercadorías se estendía ao noroeste peninsular.

Fixo fincapé na necesidade de manter esa unión para que se sigan escoitando as voces, pois precisou que da calidade dos proxectos realizados dependerán as posibilidades de conseguir os fondos europeos.

Indicou que xa están identificados os puntos de maior urxencia, como por exemplo a necesidade dunha rede de puntos de adiantamento cun número que permita reducir ao mínimo os tempos de espera e cun tamaño que permita trens de 750 metros. Engadiu a mellora entre Astorga e Monforte, coa construción do bypass de Monforte que elimine a necesidade da inversión de marcha nesa cidade; ou a solución ao porto do Manzanal, eliminando as pendentes existentes de ata 23 milésimas.

Tamén fixo mención á loita polos fondos, que vai a ser especialmente dura na mellora da conexión ferroviaria entre Galicia e Portugal, unha liña que non foi incorporada ao Corredor, polo que para conseguir financiación terá que competir con moitos proxectos nunha bolsa presupostaria menor.

No marco desta colaboración, puxo como exemplo a preparación para a alta velocidade ferroviaria que unirá as citadas comunidades autónomas en pouco máis dunha hora. Puntualizou que o AVE vai chegar a Galicia a través de Ourense polo empeño das administracións locais, autonómicas e central, así como pola rede de intermodais nas cidades galegas.

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: civ.prensa@xunta.es