CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A Xunta remata as obras de mellora do firme da estrada LU-212 ao seu paso por Taboada e Monterroso

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, destacou o arranxo das travesías, o que “mellora a seguridade e a estética de ambas localidades”

Monterroso (Lugo), 3 de decembro de 2018.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade rematou as obras de mellora do firme da estrada autonómica LU-212 ao seu paso polos concellos de Taboada e Monterroso, nas que investiu 300.000 euros.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, destacou que a obra incluíu o arranxo completo das travesías que cruzan os núcleos de Taboada e Monterroso, o que “mellora a seguridade e a estética de ambas localidades”.

Os traballos desenvolvéronse nun treito de 11 quilómetros -en concreto, dende o quilómetro 0 ao 10,800- o que inclúe ambos termos municipais, e consistiron na rehabilitación do firme naquelas zonas nas que presentaba deterioro estrutural, mediante o fresado e posterior reposición con nova mestura bituminosa en quente en todo o ancho do carril.

Tamén se instalou un aforo permanente de espiras para medir a intensidade e características do tráfico, e para rematar renovouse a sinalización horizontal mediante o repintado de marcas viarias.

Balseiro salientou que o Goberno galego continúa avanzando na programación de obras para manter as estradas autonómicas en bo estado, “porque unhas boas comunicacións diminúen os riscos na circulación e mesmo favorecen a actividade económica”.
 

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: civ.prensa@xunta.es