CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

DECRETO 165/2015 do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda

Data de publicación oficial: 18.11.2015

Data de publicación no Portal: 17.02.2016

Observacións:

O Decreto 116/2015, do 4 de outubro, modifica a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, establecida polo Decreto 227/2012, do 2 de decembro, coa finalidade de adaptala ás necesidades que o momento actual aconsella acometer, tendo en conta os principios de eficacia, suficiencia e racionalización que deben inspirar a actuación e a organización administrativa.

Esta nova dimensión organizativa reflíctese no Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, que, no seu artigo 4, regula a estrutura da Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

A nova estrutura orgánica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda persegue facer máis áxil e eficaz a xestión administrativa, tendo en conta os principios e os eixes aludidos que, neste ámbito, se traducen nunha maior racionalidade e eficacia no desenvolvemento competencial e de xestión das funcións que ten atribuídas.

Desde un punto de vista funcional, cómpre destacar a nova organización que se efectúa na Secretaría Xeral Técnica onde se reducen e simplifican os órganos desta dependentes como consecuencia dos ámbitos sectoriais atribuídos á Consellería de Infraestruturas e Vivenda, así como a nova reordenación funcional que se efectúa no seo da Dirección Xeral de Mobilidade para acadar unha maior axilidade na xestión administrativa.

Finalmente, polo que se refire á estrutura da Administración periférica, o presente decreto recolle o modelo organizativo previsto no Decreto 245/2009, de 30 de abril, de tal xeito que, en aplicación dos principios de racionalidade e eficacia, o Departamento Territorial de Pontevedra estende a súa competencia a todo o ámbito provincial, sen prexuízo das funcións de coordinación que corresponden aos/ás delegados/as territoriais de Pontevedra e Vigo no seu respectivo ámbito competencial, consonte co artigo 2 da norma citada.
 

Rango legal: Decreto

Tipo de normativa: Estrutura organizativa

Estado: Vixente

Orixe: Autonómica

Documento/s relacionados
  • DECRETO 165/2015 do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda Descargar
Subir