CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Nota da Área de Construción, Explotación e Seguridade viaria da Axencia Galega de Infraestruturas, de 18 de marzo de 2021, relativa á obrigatoriedade de axuntar un documento final de obra e o contido do mesmo [proxecto as built, fin]

Data de publicación oficial: 18.03.2021

Data de publicación no Portal: 18.03.2021

Observacións:

(extracto da nota de área)

Nos contratos de obras adxudicados a partir do mes de novembro de 2019, a Axencia Galega de Infraestruturas introduciu, nos pregos de cláusulas administrativas, a novidade de ter en conta, no que se refire á recepción e liquidación dos mesmas, o disposto no artigo 43 do Regulamento Xeral de Estradas (Aprobado polo Dto 66/2016, do 26 de maio).

O dito artigo establece a obrigatoriedade de elaborar un documento final que recompile toda a información necesaria para coñecer de xeito detallado as características da obra executada e para a posterior explotación do dominio público viario. Esto afecta a todos os contratos de obras, salvo as de mera conservación e mantemento (Proxectos de reforzo de firme exclusivamente). Extenderase esta excepción tamén aos contratos menores de obra xa que ao ser actuacións moi específicas e de pequena entidade, non debe haber diferencias notables entre o recollido na memoria e o realmente executado.

Así no apartado 8.2. dos pregos, relativo á recepción e liquidación, establécese que:


…………………
“En todo caso, o contratista deberá entregar ao responsable do contrato no prazo dun mes desde a realización do obxecto do contrato un documento final de obra co contido establecido no artigo 43.3 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia. En todo caso, o órgano de contratación estará facultado para non desenvolver o acto de recepción, por causa imputable ao contratista, ata que sexa entregada a dita documentación”.
……………………….
 

Axúntase en documento anexo o contido a incluir polo Documento Final de Obra.

Rango legal: Outros

Tipo de normativa: Normativa Técnica

Estado: Vixente

Orixe: Autonómica

Documento/s relacionados
  • Anexo: Contido do Documento Final de Obra (artigo 43.3 Decreto 66/2016, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Estradas de Galicia). Descargar
Subir