Instrucións de redacción de proxectos

Compártao :

As Instrucións de redacción de proxectos sistematizan o procedemento a seguir para a redacción dos estudos e proxectos promovidos pola Axencia Galega de Infraestruturas.

Trátase dunha regulación dos aspectos formais, dos contidos mínimos e do nivel de profundidade a acadar nos diferentes tipos de estudos e proxectos, así como nos documentos que os compoñen.

Á súa vez, detallan unha relación de prescricións que, se ben non están reguladas en ningún documento de carácter obrigatorio, foron establecidas como criterios de deseño pola Axencia Galega de Infraestruturas.

Pode consultar máis normativa técnica relacionada coa Axencia Galega de Infraestruturas no seguinte buscador de normativa.

Documentos relacionados
  • Instrucións de redacción de proxectos (revisión nº 4)
  • Resolución do 2 de marzo de 2017 da Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas pola que se aproba a revisión nº 4 das Instrucións de redacción de proxectos