A Lei 8/2013 de estradas de Galicia (art. 21) e o Decreto 66/2016 polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia (art. 49) determinan os casos nos que os estudos e proxectos deben ser sometidos aos trámites de información pública en materia de estradas e de informe das administracións afectadas.
Pola súa banda, a Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (artigos 17 a 19) establece a necesidade de someter a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polos proxectos para cuxa execución se requira realizar expropiacións.
A continuación pode consultar unha listaxe e os datos básicos dos estudos e proxectos de estradas sometidos ao trámite de información pública conforme á normativa sectorial vixente:
- AC/20/077.06 | Construcción de glorieta e acondicionamento de travesía na AC-550. PP.QQ. 71+100 - 72+400 (Noia)
- AC/19/132.06 | Sendas na AC-552. Treitos: 34+400-34+860 e 44+300-45+080
- OU/16/271.06 | Fomento da mobilidade sostible. Senda na OU-105, treito: A Ponte Sevilla (P.Q. 0+000- 0+850), na OU-536, treito: Rabaza (P.Q. 0+790 - 2+320) e na Avda. de Ponferrada (P.Q. 0+000- 1+140)
- AC/19/005.06 | Senda na AC-305. Treito: Casilla-Araño-Burés
- OU/19/025.06 | Mellora da OU-402. 1ª fase. Treito: pp.qq. 30+720-32+180
- PO/20/007.10 | Actuacións de mellora do antigo trazado da estrada PO-400
- AC/19/129.06 | Sendas na AC-433 (antiga traza) en Soesto e Serantes
- AC/20/009.06.2 | Fomento da Mobilidade Sostible. Itinerario peonil e ciclista na AC-214. Treito: A Xira-Cambre (PQ. 7+220-8+540)
- OU/16/273.06 | Fomento da mobilidade sostible. Senda na OU-101, treito: Montealegre (P.Q. 1+100 -1+680), e na OU- 150, treito: Valdorregueiro (P.Q. 0+000 - 1+000)
- PO/21/078.01 | Novo vial ampliación Hospital Gran Montecelo