A Lei 8/2013 de estradas de Galicia (art. 21) e o Decreto 66/2016 polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia (art. 49) determinan os casos nos que os estudos e proxectos deben ser sometidos aos trámites de información pública en materia de estradas e de informe das administracións afectadas.
Pola súa banda, a Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (artigos 17 a 19) establece a necesidade de someter a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polos proxectos para cuxa execución se requira realizar expropiacións.
A continuación pode consultar unha listaxe e os datos básicos dos estudos e proxectos de estradas sometidos ao trámite de información pública conforme á normativa sectorial vixente:
- AC/21/215.30.3 | Novo Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. Fase 1.1
- AC/21/088.06 | Senda na AC-131 entre Peteiro e O Baño (Mugardos)
- PO/21/018.06 | Beirarrúa na PO-315. Treito: Beluso-A Chadiza
- LU/21/113.06 | Senda peonil no Camiño de Santiago primitivo na estrada LU-530 entre os P.P.Q.Q. 6+800 e 8+100
- PO/20/012.09 | Humanización da PO-323 no TM de Vigo. 1ª fase
- AC/18/074.01 | I fase da actuación: Variante de Ribeira
- AC/21/133.06 | Senda na AC-524 (concello de Frades)
- LU/19/165.10 | Mellora da capacidade e seguridade da LU-540 (Viveiro - Cabreiros)
- AC/18/014.10.2 | Mellora da capacidade e seguridade da AC-862. Treito AG-64 - Ponte Mera. PP.QQ. 37+240 - 40+500
- PO/15/025.06 | Mellora da PO-315, treito PPQQ 10+100 ao 10+380 e no entorno do PQ 13+500