Estudos e proxectos de estradas sometidos a información pública

A Lei 8/2013 de estradas de Galicia (art. 21) e o Decreto 66/2016 polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia (art. 49) determinan os casos nos que os estudos e proxectos deben ser sometidos aos trámites de información pública en materia de estradas e de informe das administracións afectadas. 

Pola súa banda, a Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (artigos 17 a 19) establece a necesidade de someter a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polos proxectos para cuxa execución se requira realizar expropiacións. 

Compártao :

Compartir

A continuación pode consultar unha listaxe e os datos básicos dos estudos e proxectos de estradas sometidos ao trámite de información pública conforme á normativa sectorial vixente:

Mellora de accesibilidade e conectividade das paradas de autobús situadas na RAEG nas rutas de acceso polo norte á cidade da Coruña
  • Clave: AC/22/048.06
  • Nome: Mellora de accesibilidade e conectividade das paradas de autobús situadas na RAEG nas rutas de acceso polo norte á cidade da Coruña
  • Provincia: A Coruña
  • Concello: BOIMORTO, CARRAL, CAMBRE, MELIDE, ORDES, MESIA, ABEGONDO, OZA CESURAS, CURTIS, BETANZOS
  • Data anuncio DOG: 30/12/2022
  • Data límite de alegacións: 13/02/2023
  • Data límite de alegacións organismos públicos: 13/02/2023
  • Data de resolucion DOG: 08/08/2023
  • Tipo: Proxecto de Trazado
  • Estado: Información pública aprobada
Documento/s relacionados