Estudos e proxectos de estradas sometidos a información pública

A Lei 8/2013 de estradas de Galicia (art. 21) e o Decreto 66/2016 polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia (art. 49) determinan os casos nos que os estudos e proxectos deben ser sometidos aos trámites de información pública en materia de estradas e de informe das administracións afectadas. 

Pola súa banda, a Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (artigos 17 a 19) establece a necesidade de someter a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polos proxectos para cuxa execución se requira realizar expropiacións. 

Compártao :

Compartir

A continuación pode consultar unha listaxe e os datos básicos dos estudos e proxectos de estradas sometidos ao trámite de información pública conforme á normativa sectorial vixente:

Mellora da capacidade e seguridade da AC-862. Treito AG-64 - Ponte Mera. PP.QQ. 37+240 - 40+500
  • Clave: AC/18/014.10.2
  • Nome: Mellora da capacidade e seguridade da AC-862. Treito AG-64 - Ponte Mera. PP.QQ. 37+240 - 40+500
  • Provincia: A Coruña
  • Concello: CEDEIRA, ORTIGUEIRA, CERDIDO
  • Data anuncio DOG: 03/11/2021
  • Data límite de alegacións: 17/12/2021
  • Data límite de alegacións organismos públicos: 17/12/2021
  • Tipo: PC
  • Estado: Información pública aprobada
Documento/s relacionados