Presentación do Certificado (CAP)

Compártao :

Compartir

Para exercer a actividade de condutor/a profesional nunha empresa de transporte público por estrada, xa sexa de mercadorías ou de viaxeiros, é preciso contar, ademais de co correspondente permiso de conducir, co Certificado de Aptitude Profesional (CAP).

Para tal efecto, a formación divídese en dúas partes ou modalidades:

  • Formación inicial: é a que vai dirixida a obter por primeira vez o certificado. Consiste na superación dunha formación regrada, a través dun centro autorizado pola Administración (ver a sección de centros de formación), e dun exame convocado e axuizado pola Dirección Xeral de Mobilidade. Porén, están exentas da formación inicial as persoas que obtivesen o permiso de condución con anterioridade a certas datas (ver a sección de formación inicial).
  • Formación continua: os/as condutores/as profesionais que xa estean en posesión do CAP, tanto se o obtiveron mediante a superación da formación inicial como se están exentos/as dela pola data do seu permiso de condución, deben realizar cada cinco anos un curso de actualización de coñecementos nun centro autorizado (ver a sección de centros de formación).

Pode obter máis información sobre cada unha delas a través do menú da esquerda desta páxina web.

Normativas relacionadas