Memoria de Seguridade Viaria

Anualmente elabórase unha Memoria de Seguridade Viaria para avaliar os datos de accidentalidade en Galicia e, en concreto, na Rede Autonómica de Estradas de Galicia.

Compártao :

Compartir

A Memoria de Seguridade Viaria, elaborada anualmente pola administración autonómica, é un documento que recolle unha comparativa dos accidentes con vítimas dos cinco anos anteriores e unha análise detallada dos accidentes rexistrados no ano anterior á súa edición.

A súa finalidade é caracterizar a accidentalidade en Galicia e, máis concretamente, na rede de estradas de titularidade autonómica. Un dos obxectivos desta análise é poder tomar as medidas oportunas para reducir o número de accidentes así como a gravidade destes e como obxectivo prioritario, a eliminación dos treitos de concentración de accidentes.

As actuacións encamiñadas a diminuír a accidentalidade nun treito poden ser paliativas ou preventivas actuando sobre a estrada e sobre o seu contorno mediante investimentos con contías moi diferentes, e incluso con medidas sen custo, como pode ser unha axeitada planificación urbanística.

Documentos relacionados