Plan de aforos

O obxectivo básico do vixente Plan de Aforos é o coñecemento do tráfico que circula polas distintas estradas da rede, definido por unha serie de parámetros característicos como a intensidade media diaria ou a porcentaxe de vehículos pesados e as súas variacións ao longo do tempo. Estes parámetros utilizaranse como base para regulacións de tráfico, e para o planeamento e explotación da rede viaria.

Compártao :

Compartir

Tendo en conta a amplitude da rede de estradas que se pretende controlar co Plan de Aforos e a escaseza dos equipos dispoñibles, faise necesaria unha optimización dos recursos materiais e humanos a utilizar. Para iso é necesario realizar unha selección moi coidadosa das seccións nas que se realizarán os aforos, de tal xeito que todas as vías da rede queden representadas.

Memoria de Tráfico Anual

Desde o ano 1993 edítase a Memoria de Tráfico da Rede Autonómica de Estradas de Galicia (RAEGA) e, desde o ano 1998, a memoria edítase en formato dixital, permitindo visualizar os datos rexistrados polas estacións de aforo e os planos de intensidades de tráfico da rede.

Última versión publicada ano 2021

Hai dúas posibilidades de descargar esta edición dixital desde esta páxina web:

  • Versión resumida (soamente os datos do ano referido) en formato PDF (Índice, Memoria, Fichas das estacións de aforo magnético, Mapas de tráfico e Fichas estacións de aforo pneumático).
  • Versión completa (datos do ano referido e anteriores como datos históricos) na que se require primeiro descargar os arquivos e instalar a aplicación “Afoxun” que xestiona a información.
    • Afoxun 2021 (proximamente procederase á súa publicación) 
Documentos relacionados