Estratexia Galega de Mobilidade

Compártao :

Compartir

A Estratexia Galega de Mobilidade, EGM, é unha ferramenta para a coordinación das políticas públicas en materia de mobilidade en Galicia elaborada para dar resposta ás principais problemáticas detectadas trala análise de mobilidade que realiza día a día a poboación galega.

É un instrumento que permite saber que debemos mellorar e como será a mellor forma de facelo, para garantirlle aos galegos e galegas un deseño de solucións de mobilidade adaptado ás súas necesidades de desprazamento, e que establece as bases para as futuras actuacións en materia de infraestruturas, transportes e mobilidade que a Xunta de Galicia ten previsto desenvolver nos vindeiros anos.

A meta da EGM é transformar o modelo de mobilidade en Galicia co obxectivo de pasar a un máis funcional, máis sostible medioambiental e economicamente e máis seguro, apoiándose para iso na innovación tecnolóxica.

O novo modelo de mobilidade proposto para Galicia baséase nunha estrutura coñecida como a pirámide invertida da mobilidade e está enmarcado na consecución duns obxectivos globais que permitirán a implantación das medidas que a Estratexia Galega de Mobilidade propón alcanzar a 2050 e que serán revisados gradualmente.

Todo isto no contexto da loita contra o cambio climático e de acordo coa Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050, coas actuacións contempladas no actual marco estratéxico de clima e enerxía da Unión Europea para 2030 e cos compromisos contraídos no Acordo de París de 2015.

Na seguinte ligazón poderá consultar a información detallada da Estratexia Galega de Mobilidade:

Ligazóns relacionadas