Comunicación de incumprimentos normativos á Inspección de Transporte

Compártao :

Compartir

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, pon en funcionamento este formulario de correo da inspección de transporte por estrada. A través desta ferramenta, recóllense denuncias anónimas sobre incumprimentos da normativa de transporte, coa finalidade de facilitar a actividade da Inspección de Transporte.

Se vostede coñece algún incumprimento da normativa de transporte pode empregalo para facilitar información de forma totalmente anónima. Non é obrigatorio que achegue ningún dato persoal, o formulario só recollerá información sobre as presuntas irregularidades das que teña coñecemento.

Se desexa recibir confirmación do seu envío ou que poidamos contactar con vostede para os efectos de poder ampliar información sobre o contido da súa comunicación pode achegar o seu correo electrónico de forma voluntaria.

Os arquivos non deben superar o límite de tamaño establecido de 5 MB.

Tipos de ficheiros permitidos: gif jpg jpeg png pdf doc docx odt txt.

Achegue o seu correo electrónico só se desexa recibir confirmación deste envío ou para que poidamos contactar con vostede en caso de dúbidas ou para ampliar información.

Lembre, en todo caso, que incluílo é voluntario