Estrutura orgánica e funcional

Compártao :

Compartir

Á Axencia Galega de Infraestruturas correspóndelle o exercicio das funcións que establece o Decreto 173/2011 (modificado polo Decreto 165/2015 , polo Decreto 37/2017 e polo Decreto 66/2021). Estas son as máis salientables:

  • A elaboración de directrices de coordinación e planificación que garantan a coherencia e funcionalidade das infraestruturas viarias de titularidade da comunidade autónoma.
  • A emisión de informe nos procedementos de aprobación, modificación ou revisión dos instrumentos de ordenación do territorio e dos instrumentos de ordenación urbanística que afecten directamente algunha estrada de titularidade autonómica.
  • A redacción de propostas de normativa e instrucións técnicas e administrativas para as estradas de titularidade autonómica, provincial e municipal.
  • A elaboración, o seguimento, a supervisión, o control e a aprobación técnica da planificación operativa dos instrumentos previstos na normativa de ordenación do territorio, así como dos estudos informativos, de impacto ambiental, anteproxectos e proxectos en materia de estradas.
  • A elaboración dos plans, programas de actuación e orzamentos e o seu control e axuste, en relación coas infraestruturas incluídas no ámbito de competencias propio da axencia.
  • A xestión dos expedientes expropiatorios necesarios para a construción ou o establecemento das infraestruturas relativas a materias da súa competencia.
  • A xestión e tramitación de expedientes de contratación administrativa en materias incluídas no ámbito das súas competencias.
  • O estudo e o desenvolvemento de novas técnicas de realización de estradas.
  • A xestión de autorizacións administrativas en materia de instalacións de servizo e concesións de áreas de servizo na área de influencia das estradas de titularidade autonómica.

Estrutura organizativa

Baixo a dependencia directa da Axencia Galega de Infraestruturas existen as seguintes unidades:

Área de Contratación e Administración

  • Servizo de Xestión Económica
  • Servizo de Contratación

Área de Planificación, Innovación e Seguridade Viaria

  • Servizo de Planificación e Innovación
  • Servizo de Explotación e Seguridade Viaria
  • Servizo de Apoio Administrativo

Área de Deseño de Infraestruturas

  • Servizo de Proxectos de Obra Civil
  • Servizo de Proxectos de Edificación
  • Servizo de Supervisión de Proxectos

Área de Construción e Conservación

  • Servizo de Obra Civil
  • Servizo de Obra de Edificación
  • Servizo de Concesións de Obra Pública
  • Servizo de Conservación