CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Anuncio de oferta pública de emprego - Convocatoria da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para a contratación temporal dunh/a remudista a tempo parcial para un posto de auxiliar técnico de obras (grupo III, categoría 60) na delegación da Axencia Galega de Infraestruturas en Ourense, adscrita á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Data de publicación: 19.05.2015

Descrición:

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia anuncia a convocatoria para a contratación temporal dun/a remudista a tempo parcial, para a cobertura  DUN POSTO DE  AUXILIAR TÉCNICO DE OBRAS (grupo III, categoría 60) do V Convenio Colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia) (código MA.X99.10.000.32001.147), co obxecto de que un traballador da Consellería poidan acceder á xubilación parcial. Dito contrato regúlase no artigo 12.7 do Real Decreto 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto dos traballadores.

 

Dita praza depende da Axencia Galega de Infraestruturas, adscrita  a esta Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas na localidade de Ourense

 

O/a remudista contratado/a realizará o 75% da xornada de 273 días naturais (166 días de traballo efectivo) a realizar de xeito consecutivo desde o primeiro día do mes de xaneiro ata o último día do mes de setembro do ano correspondente. Todo elo sen prexuízo das adaptacións da xornada de traballo que sexa preciso realizar no ano de inicio da xubilación parcial (ano 2015), de iniciarse este ano,  e no ano en que se produza a xubilación definitiva (ano 2019) ao ser os períodos inferiores ao ano natural.

 

Documento/s relacionados
Subir