CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Resolución do 7 de marzo de 2019 do tribunal de selección designado para xulgar o proceso de selección para a contratación temporal dun remudista a tempo parcial dun/ha auxiliar técnico/a práctico/a en control e vixilancia de obras-técnico/a auxiliar de obras (grupo III, categoría 007) no Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas na Conruña, pola que se da publicidade á relación provisional de aspirantes admitidos/as - excluídos/as

Data de publicación: 08.03.2019

Descrición:

A Consellería de Infraestructuras e Mobilidade anuncia a convocatoria para a contratación temporal dun remudista a tempo parcial coa categoría de TÉCNICO/A PRÁCTICO/A EN CONTROL E VIIXILANCIA DE OBRAS.- TÉCNICO/A AUXILIAR DE OBRAS (GRUPO III, CATEGORÍA 007) do V Convenio Colectivo Único para o persoal laboral da Xunta de Galicia para a cobertura do posto IV.A19.10.000.15001.142, co obxecto de que un traballador da Axencia Galega de Infraestruturas poda acceder á xubilación parcial. Dito contrato regúlase no artigo 12.7 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores.

Dita praza depende da Axencia Galega de Infraestruturas, adscrita a esta Consellería de Infraestruturas e Mobilidade na localidade de A Coruña.

O/a remudista contratado realizará o 75% da xornada de 273 días naturais (166 días de traballo efectivo) a realizar de xeito consecutivo dende o primeiro día do mes de abril ata o último día do mes de decembro do ano correspondente. Todo elo sen prexuízo das adaptacións da xornada de traballo que sexa preciso realizar no ano de inicio da xubilación parcial (2019, de iniciarse este ano), e no ano en que se produza a xubilación definitiva (ano 2022) ao ser os períodos inferiores ao ano natural.

Este contrato remata o 06/11/2022.

Documento/s relacionados
  • Relación provisional de admitidos e excluídos Descargar
Subir